vantaxes_gal

 VANTAXES DA MEDIACIÓN

  •      Rápida: O proceso de mediación pode concluírse en poucas sesións, sendo sempre máis breve ca os procesos xudiciais.

 

  •      Mantén relacións: En mediación non hai gañadores nin perdedores, xa que os acordos acadados son satisfactorios para todos os participantes.

 

  •      Boa fe: Ao ser un proceso voluntario, existe unha predisposición positiva a traballar en común para chegar a acordos de forma pacífica.

 

  •      Inmediata: Os participantes asisten directamente ás sesións de mediación, é dicir, non poden valerse de representantes ou intermediarios.

 

  •      Preventiva: A mediación pode realizarse en conflitos latentes ou antes do seu agravamento.

 

  •      Menor desgaste emocional: A mediación diminúe o enfrontamento e xera unha menor tensión emocional e psicolóxica para as partes e outras persoas implicadas, mellorando así a súa calidade de vida.