ok-que-e-a-mediacion

¿Qué é a MEDIACIÓN?

A mediación é un método de resolución voluntaria de controversias no que un mediador neutral e imparcial acerca as posturas das partes en conflito para que acaden acordos satisfactorios para ambas,  alternativo e non excluinte do xudicial, máis económico e breve no tempo, facilitando ademáis as relacións posteriores á desavenencia.

A mediación é VOLUNTARIA, CONFIDENCIAL, e está basada  no DIÁLOGO.

” Unha das funcións esenciais do Estado de Dereito é a garantía dunha protección xudicial dos dereitos dos cidadáns. Esta función implica o reto de aplicar unha xustiza de calidade capaz de resolver os distintos conflitos que xorden nunha sociedade moderna e, á vez complexa. Entre as vantaxes da mediación, é de destacar a súa capacidade para proporcionar  solucións de xeito práctico, eficaz e rendible a certos conflitos e, así, establecer-se como unha alternativa ao proceso xudicial ou á arbitraxe. A mediación está construída en torno á intervención dun profesional neutral que facilita a resolución do conflito polas propias partes, de forma equitativa, permitindo o mantemento das relacións subxacentes e manter o control sobre o fin do conflito.”

Preámbulo da Lei 5/2012, de 6 de xullo, de Mediación en materia civil e mercantil.

“A mediación pode definirse como un modelo alternativo de resolución de conflitos que mediante a intervención dun terceiro neutral e imparcial, axuda a dúas ou máis persoas a comprender a orixe das súas diferecias, a coñecer as causas e consecuencias do acontecido, a confrontar as suas visións, e a atopar solucións para resolver aquelas” – Poder Xudicial

¿A quen se dirixe?

Dirixida a tódalas persoas que teñan interese en resolver problemas na súa vida,  asociación –culturais, deportivas, etc-, comerciantes, educadores, profesionais de calquera ámbito, e público en xeral, que decidan atopar solución ás desavenencias que se producen no devir diario.

¿Para qué serve?

A mediación contrubúe ó resltablecemento das relacións, acadando acordos

Pode resolver conflitos xurdidos das relacións de convivencia (parella, amizade, vecindade, empresa, tráfico, sanitario, penal…)

Definición e características da mediación

A mediación é un xeito de resolver conflitos entre dúas ou máis persoas, coa axuda dunha terceira persoa imparcial e neutral, o mediador, que ten a función de acercar as posturas das partes ata unha zona de  consenso,  favorecendo e conducindo o proceso de comunicación, interrompido ata este proceso.

A mediación é VOLUNTARIA, é CONFIDENCIAL, e está baseada no DIÁLOGO, e  contrubúe ó resltablecemento das relacións, acadando acordos.

Os acordos acadados son execuables xudicialmente.

Características

Neutral e Imparcial: O mediador  é  neutral,  mantén unha posición de equilibrio e equidistancia entre ambas partes -non impón criterios propios na toma de decisións, nin se sitúa a favor ou en contra de ningún dos participantes-.

Voluntaria: tanto para as partes como para o mediador. As persoas interesadas son quen deciden iniciar o proceso de mediación así como continúalo, ou interrompelo, sen prexuízo algún, se o consideran oportuno.

Confidencial: Salvo pacto en contrario, o exposto non será utilizado fóra do proceso de mediación, excepto en casos onde se detecte un feito castigado no Código Penal

Flexible: o proceso adáptase ás características e necesidades particulares dos participantes.

Autodeterminación das partes: As partes, coa intervención do mediador, xeran alternativas e opcións de solución ao conflito que presentan, chegando a acordos creados por eles mesmos que satisfán os seus intereses particulares.