ok-fases-da-mediacion

FASES DO PROCESO DE MEDIACIÓN

A mediación formal segue un proceso establecido legalmente, coas seguintes fases:

 

SOLICITUDE DE INICIO. O proceso comeza coa solicitude de mediación por parte de unha das partes ou de común acordó por ambas, que acode/n a un mediador para promovelo.

  1. Fase de INFORMACIÓN E SESIÓNS INFORMATIVAS, de presentación e explicación das regras. Dedicada a crear confianza entre o equipo de mediación e os mediados, tamén se presenta o proceso e as normas para seguir na mediación, e solicítase o seu consentimento. Asínándose a Acta da Sesión Constitutiva
  2. Pluralidade de mediadores. O procedemento pode realizarse por un solo mediador, ou máis de un, en este caso actuarán en comediación, coas mesmas particularidades para todos eles.
  3. Duración do procedemento. Durará o menos posible, e concentrarase no menor número de sesións.
  4. Desenrrolo das sesións.

a) Cóntame. Fase na que as partes expoñen a súa versión do conflito, cos sentimentos que lle acompañan. As partes han de ser escoitadas.

b) Aclarar o problema. Fase dedicada a identificar os puntos de coincidencia e de diverxencia.

c) Propostas de solución. Puntos de encontro, fortalecemento da capacidade creativa das partes.

d)Proposta de acordo. Fase dedicada a definir os acordos.