A Viaxe do Heroe

Definido por Campbell: “O heroe lánzase á aventura dende o seu mundo cotián a rexións de marabillas sobrenaturais, o heroe tropeza con forzas fabulosas e, só ou acompañado, se consegue unha vitoria decisiva, regresa desta misteriosa aventura co poder de favorecer aos seus semellantes”.

Este argumento é o fío condutor de moitas películas, o guión de infinidade de historias e culturas da humanidade. En síntese, describe as etapas do camiño que leva ao ser humano a atoparse a si mesmo mediante a súa interacción co mundo do que forma parte.

“Os heroes emprenden viaxes, enfrontan dragóns, e descobren o tesouro da súa propia identidade”  Pearson

El viaje del héroe

É unha tradición arquetípica, un conxunto de accións entretecidas, dende o inicio ata o final da viaxe. O heroes son sempre viaxeiros. A meta da viaxe, é a totalidade.

Un heroe non sempre é un guerreiro, é un buscador, que sofre os constantes nacementos e transformacións ao longo da viaxe-vida-.

Esta viaxe consiste en investigar, buscar, vivir intensamente o novo e o profundo, mesmo como equivalentes espirituais da viaxe. En algures, atópase o seu obxecto.

Viaxar, é evolución, é buscar. A vida é constante cambio. E, ante os cambios, sei, e podo,  adaptarme? Cal é a miña actitude?

Leave Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *

clear formSubmit